Asamblea Xeral Extraordinaria

Día: 13 de xullo – sábado

Horario: de 17:30 a 19:30

Lugar: Kratos Restaurante. Brión

Orde do Día proposta.

Aceptaranse máis puntos na orde do día que sexan comunicados ao e-mail: compostela@noneomesmo.org antes do venres 12 de xullo

  1. Presentación das persoas presentes e actualización do listado provisional de persoas socias. Cota anual.
  2. Definición do Proxecto. O que nos une.
  3. Creación dos gremios (Comercio Local, Restauración, Alimentación e Produción Local, outros) con unha persoa representante por cada gremio.
  4. Creación dos grupos de traballo dentro de cada gremio. Grupos de traballo transversais (economía, comunicación, etc.)
  5. Ferramentas informáticas de traballo e comunicación interna e externa.
  6. Cartas públicas de compromiso.
  7. Visitas de aval.
  8. Rogos e preguntas.

Que é NONéOMESMO

Participantes no convivio do día 22 de xuño na Nave de Vidán

NONéOMESMO é unha asociación de persoas dende a que traballar por e para o Ben Común.

Con elo, queremos reivindicar o importante papel que ten o comercio local, a pequena labrega do rural, o pequeno artesán ou a pequena empresa da cidade. Se traballamos xuntos podemos facer grandes cousas pola nosa veciñanza e polo noso planeta. 

Hoxe en día, o consumo é a ferramenta máis poderosa da humanidade. Se somos conscientes do poder que temos nas nosas mans podemos facer que as nosas cidades, vilas e parroquias sexan máis acolledoras, sostibles e solidarias.

Pero sen confianza non será posible. A confianza é o que mantén unida unha sociedade. Temos que confiar en nós mesmos para que tamén os demais confíen en nós.

Para logralo, decidimos asociarnos en Nonéomesmo e  comprometernos a traballar polo Ben Común; por aquelo que é beneficioso para unha sociedade e compartido por todos. Estamos a falar das peroas e do planeta.

Por elo, quenes nos asociamos a Nonéomesmo comprometémonos a traballar con empresas e produtores locais, a ofrecer postos de traballo dignos, a colaborar coa veciñanza e fomentar o asociacionismo e a solidariedade nas nosas vias e cidades.

Tamén queremos comprometernos co planeta e traballar polo aforro enerxético e a prol de enerxías limpas, minimizar o lixo xenerado, suprimir o uso de plásticos e apoiar o cultivo local e o consumo de alimentos ecolóxicos de proximidade.

Se eres unha persoa disposta a comprometerte coa sociedade e co planeta, aquí tes un lugar no que facerte visible porque… AQUÍ, NON É O MESMO.

Esperámoste!!