
NONéOMESMO é unha asociación de persoas dende a que traballar por e para o Ben Común.
Con elo, queremos reivindicar o importante papel que ten o comercio local, a pequena labrega do rural, o pequeno artesán ou a pequena empresa da cidade. Se traballamos xuntos podemos facer grandes cousas pola nosa veciñanza e polo noso planeta.
Hoxe en día, o consumo é a ferramenta máis poderosa da humanidade. Se somos conscientes do poder que temos nas nosas mans podemos facer que as nosas cidades, vilas e parroquias sexan máis acolledoras, sostibles e solidarias.
Pero sen confianza non será posible. A confianza é o que mantén unida unha sociedade. Temos que confiar en nós mesmos para que tamén os demais confíen en nós.
Para logralo, decidimos asociarnos en Nonéomesmo e comprometernos a traballar polo Ben Común; por aquelo que é beneficioso para unha sociedade e compartido por todos. Estamos a falar das peroas e do planeta.
Por elo, quenes nos asociamos a Nonéomesmo comprometémonos a traballar con empresas e produtores locais, a ofrecer postos de traballo dignos, a colaborar coa veciñanza e fomentar o asociacionismo e a solidariedade nas nosas vias e cidades.
Tamén queremos comprometernos co planeta e traballar polo aforro enerxético e a prol de enerxías limpas, minimizar o lixo xenerado, suprimir o uso de plásticos e apoiar o cultivo local e o consumo de alimentos ecolóxicos de proximidade.
Se eres unha persoa disposta a comprometerte coa sociedade e co planeta, aquí tes un lugar no que facerte visible porque… AQUÍ, NON É O MESMO.
Esperámoste!!