20 de xullo de 2019. Visita á Horta de Biochousa en Gargamala-Mondariz
Sara e Mindo son unha parella de inxeñeiros técnicos agrícolas que despois de terminar a carreira e traballar no cultivo químico convencional apostaron por facer unha agricultura máis rentable e saudable para eles e para os seus consumidores.
Mindo explicounos a importancia de ter o noso propio banco de xermoplasma (sementes) para facer máis rendible a nosa horta Sementando A importancia da biodiversidade na saúde da horta Plantel propio A base da permacultura; o acolchado vexetal Combinando a permacultura e a biodinámica O rego debe ser o xusto e localizado para que as raices sexan profundas Rematamos a xornada cun merecido convivium ao pé do río Tea
3 de agosto de 2019. Visita á Horta Évida de Oscar en Paradela-A Estrada

Coles de Bruxelas, brócolis e 7 ciclos de coliflor Repolos, lombardas… Cabazas Boniatos Remolochas Tomates
3 de agosto de 2019. Visita á horta de Ana e Diederik

Acolchado vexetal con faísca de piñeiro para acidificar a terra A importancia da prevención; plantas ben alimentadas e control visual de plagas Finalmente recollimos os nosos propios arandos e aprendimos a identificar os maduros; os que se deixan vir con nós!!!